18 de abril de 2009: interparroquial de Catequese

O pasado sábado 18, na Parroquia de San Francisco de Asís dos Tilos, María, Isabel mais eu participamos no Encontro Interparroquial Pascual de Catequistas da cidade de Santiago.

Despois da acollida e da oración, xuntámonos en tres grandes grupos: Dende Infantil ata 3º de E.P. o primeiro, de 4º a 6º o segundo e de E.S.O en diante o terceiro para compartir e discutir tres ámbitos da nosa tarefa catequética dentro das peculiaridades concretas de cada unha das parroquias participantes: Tilos, S. Fernando, Conxo, Sar, Pilar, Santa Marta, San Pedro e Fontiñas.

Experiencias e dificultades: Dentro deste ámbito, no primeiro grupo destacouse:

 A pouca implicación das familias como transmisoras do despertar relixioso d@s seus fillos e fillas, quedando a Primeira Comuñón como un simple feito social e delegando esta tarefa únicamente á Catequese. Este feito se confirma pola escasa participación dos nenos e nenas nas catequeses a partir de 4º de Primaria pero que aumentaba nos anos anteriores á Confirmación.
 A falta de reunións enfocadas a formación dos pais e das nais.
 Formas de implicar ás familias no proceso catequético.
 Fecer autocrítica da nosa labor, como facer para que se sintan acollidas.
 Malia esta visión derrotista, algunhas participantes saliantaron que aínda que os tempos son difíciles, nalgunhas comunidades hai implicación activa de familias no desenvolvemento catequético e os párrocos reúnense periódicamente con elas á par que os nenos e nenas.

Dinámicas: Este ámbito derivou cara dúas propostas que despóis se levaron á posta en común:

 Que todas as Parroquias teñan o criterio común de dous anos de preparación para a Comuñón.
 Que na Celebración haxa unhas vestiduras iguais para todos os nenos e todas as nenas que van recibir este Sacramento.

A continuación xuntámonos de novo para tomar un suculento chocolate preparado pola Parroquia anfitriona e os doces das visitantes ao tempo que poñíamos en común as aportacións de cada grupo, e os símbolos que levaríamos aos nosos párrocos e respectivas comunidades.

Mais a Interparroquial non remata aquí, que xa anda pulindo as actividades para o encontro Interparroquial fin de curso de Catequese, o vindeiro sábado 16 de maio ás 16:30, esta vez en Fontiñas, e seguir traballando a partir das propostas desta xuntanza.