9 de maio: excursión comunitaria de fin de curso

Estimadas familias:

O vindeiro día 9 de maio a Parroquia desenvolverá a excursión comunitaria que este ano ten por destino Lugo. O custe será de 5€ nenos (ata 14 anos) e 10€ adultos que servirá para sufragar os gastos de autobús. O abono efectuarase no autobús.

Como actividade comunitaria consideramos de gran importancia que os nenos da catequeses asistan coas súas familias para ser testemuñas dunha xornada de convivencia compartida con todos os catequistas, pais, nenos e adultos da nosa Parroquia.

Sairemos de diante da parroquia en autobús ás 9:00 para regresar entorno as 20:30. Cada un levara o seu xantar para comermos e compartir xuntos.

Na catequese entregarán ao teu fillo ou filla unha folla de incrición que deberá entregar antes do 19 de abril co seu nome e o nome do adulto que se responsabiliza de levalo.

Por favor cubride só unha ficha por familia. NON É NECESARIO APUNTARSE EN NINGUNHA OUTRA LISTA.

Como sabedes utilizaremos as imaxes da excursión en distintas actividades da Parroquia polo que vos pedimos que asinedes tamén a autorización para a publicación das imaxes onde poidan saír os vosos nenos e as nenas.

Agradecendo a vosa incondicional colaboración, recibide unha aperta agarimosa.

A equipa de Catequese de Fontiñas.