O pasado sábado 18, na Parroquia de San Francisco de Asís dos Tilos, María, Isabel mais eu participamos no Encontro Interparroquial Pascual de Catequistas da cidade de Santiago.
Despois da acollida e da oración, xuntámonos en tres grandes grupos: Dende Infantil ata 3º de E.P. o primeiro, de 4º a 6º o segundo e de E.S.O en diante o terceiro para compartir e discutir tres ámbitos da nosa tarefa catequética dentro das peculiaridades concretas de cada unha das parroquias participantes: Tilos, S. Fernando, Conxo, Sar, Pilar, Santa Marta, San Pedro e Fontiñas.
Experiencias e dificultades: Dentro deste ámbito, no primeiro grupo destacouse:
A pouca implicación das familias como transmisoras do despertar relixioso d@s seus fillos e fillas, quedando a Primeira Comuñón como un simple feito social e delegando esta tarefa únicamente á Catequese. Este feito se confirma pola escasa participación dos nenos e nenas nas catequeses a partir de 4º de Primaria pero que aumentaba nos anos anteriores á Confirmación.
A falta de reunións enfocadas a formación dos pais e das nais.
Formas de implicar ás familias no proceso catequético.
Fecer autocrítica da nosa labor, como facer para que se sintan acollidas.
Malia esta visión derrotista, algunhas participantes saliantaron que aínda que os tempos son difíciles, nalgunhas comunidades hai implicación activa de familias no desenvolvemento catequético e os párrocos reúnense periódicamente con elas á par que os nenos e nenas.
Dinámicas: Este ámbito derivou cara dúas propostas que despóis se levaron á posta en común:
Que todas as Parroquias teñan o criterio común de dous anos de preparación para a Comuñón.
Que na Celebración haxa unhas vestiduras iguais para todos os nenos e todas as nenas que van recibir este Sacramento.
A continuación xuntámonos de novo para tomar un suculento chocolate preparado pola Parroquia anfitriona e os doces das visitantes ao tempo que poñíamos en común as aportacións de cada grupo, e os símbolos que levaríamos aos nosos párrocos e respectivas comunidades.
Mais a Interparroquial non remata aquí, que xa anda pulindo as actividades para o encontro Interparroquial fin de curso de Catequese, o vindeiro sábado 16 de maio ás 16:30, esta vez en Fontiñas, e seguir traballando a partir das propostas desta xuntanza.